No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 17 do 24 de xaneiro de 2013 publícanse as Bases que rexen na convocatoria de selección de Psicólogo dos servizos sociais comunitarios do Concello de Oroso, baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado, así como a creación de bolsa de emprego para cubrir prazas de xeito temporal de Psicólogo dos servizos sociais.
Requsitos, entre outros: Estar en posesión da Licenciatura en Psicoloxía e posuír permiso de conducir da clase B e dispoñer de vehículo para necesidades do servizo.
Sistema de selección: oposición.
Os interesados deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello na Praza Isaac Díaz Pardo 1 ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello de Oroso (https://sede.oroso.es, apartado Emprego Público > Convocatoria de Persoal) no prazo de dez días hábiles contados dende a publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a documentación que se establece na convocatoria.
O prazo remata o 5 de febreiro de 2013.
Crearase unha bolsa de emprego formada pola lista de aspirantes que logo de superar as probas da fase de oposición non obtivesen praza, ordenados de maior a menor puntuación, incluíndose no primeiro posto o aspirante nomeado no presente proceso selectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario