13/1/16

CONCELLO DE VIMIANZO. Normalización Lingüistica.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 7 do 13 de xaneiro de 2016, o Concello de Vimianzo publica as bases para a formación dunha bolsa de emprego para a selección, baixo a modalidade de interinidade, a xornada completa dun Técnico de Normalización Lingüistica.

O obxecto desta convocatoria é a selección e posterior contratación laboral, a xornada completa, baixo a modalidade de interino, dun normalizador lingüístico, a xornada completa (40 h semanais) entre o Concello de Zas e Vimianzo.

Titulación exixida: Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección galego-portugués), grao en Lingua e Literatura Galegas, ou outras titulacións grao/licenciatura sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

Sistema selectivo: concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Polo que este prazo remata o luns 18 de xaneiro de 2016.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario