29/1/16

CONCELLO DE SADA.Traballo Social

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 19 do 29 de xaneiro de 2016, o Concello de Sada publica as bases da convocatoria para a formación dunha lista de persoas candidatas para a provisión interina de prazas de traballador social.

Titulación exixida: Diplomatura universitaria en traballo social, ou do título de grao en traballo social.

Sistema selectivo: concurso-oposición.

Taxas: 20 euros

Prazo de presentación de solicitudes: 8 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, polo que este prazo remata o 8 de febreiro de 2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario