15/1/16

CONCELLO DE ORDES. Convocatorias varias.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 9 do 15 de xaneiro de 2016, o Concello de Ordes publica as seguintes convocatorias de procesos selectivos para persoal laboral temporal:


Titulación exixida: Licenciatura en Educación Física ou equivalente.

Sistema de selección: concurso de méritos.Inclúe entrevista curricular.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria específica no Taboleiro de Anuncios do Concello e no BOP. Polo que este prazo remata o 20 de xaneiro de 2016.


Titulación exixida: Graduado escolar ou formación profesional de primeiro grao ou equivalente ou no seu caso a educación secundaria obrigatoria ou equivalente. En defecto de titulación deberase acreditar fehacientemente experiencia profesional como Oficial 1ª Albanel durante polo menos 10 anos.

Sistema de selección: oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da Convocatoria específica no Taboleiro de Anuncios do Concello e no BOP. Polo tanto este prazo remata o 4 de febreiro de 2016.


Requisito, entre outros: Figurar inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Sistema de selección: oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da Convocatoria específica no Taboleiro de Anuncios do Concello e no BOP. Polo que este prazo remata o 20 de xaneiro de 2016.


No hay comentarios:

Publicar un comentario