22/1/16

CONCELLO DE O CERVO. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 17 do 22 de xaneiro de 2016 o Concello de O Cervo publica o Anuncio para a creación dunha bolsa de emprego para postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar.

Titulación exixida: FP de grado medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente.

Requisito, entre outros: Carne de conducir B1 en vigor e dispoñer dun vehículo para poder desprazarse dentro do termo municipal. 

Sistema selectivo: concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes será de 7 días hábiles a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia; polo que este prazo remata o sábado 30 de xaneiro de 2016.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario