11/1/16

CONCELLO DE MEAÑO. Encargado de Obras

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm.5 do 11 de xaneiro de 2016, o Concello de Meaño publica a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral, mediante a modalidade contractual de duración determinada por interinidade, para o desempeño de funcións propias do posto de traballo de operario encargado de obras e servizos municipais. 

Sistema de seleción: concurso-oposición.

Requisito, entre outros: estar en posesión do carnet de conducir tipo C.
 
O período de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Polo que este prazo remata o 21 de xaneiro de 2016.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario