25/1/16

CONCELLO DE ARANGA. Animador Cultural.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 15 do 25 de xaneiro de 2016, o Concello de Aranga publica un anuncio de selección laboral temporal de animador cultural.

Titulación exixida: Técnico en Animación Sociocultural ou Diplomatura en Educación Social ou habilitado; no seu defecto admitirase tamén a titulación en Maxisterio e outras titulacións universitarias. 

Requisito, entre outros: Estar en posesión do permiso de conducir B1.

Sistema selectivo: concurso de méritos; inclúe entrevista persoal.

O prazo de presentación de instancias é de 8 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 2 de febreiro de 2016.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario