14/1/16

CONCELLO DE AMES. Traballo Social.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 8 do 14 de xaneiro de 2016, o Concello de Ames publica as Bases reguladoras da convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo de traballadores sociais

Titulación exixida: Diplomaturaa en traballo social ou asistencia social ou grao correspondente.

Sistema selectivo: concurso-oposición. O baremo do concurso será a seguinte: Por servizos prestados en idéntico posto en entidades de titularidade pública ou privada e polo coñecemento acreditado do idioma galego.

Dereitos de exame: 26,91 euros

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles seguintes á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo remata o 26 de xaneiro de 2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario