3/12/15

EMVSA (A Coruña). Arquitectos

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 231 do 2 de decembro de 2015, a "Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, S.A." publicou a convocatoria para a contratación temporal dun arquitecto superior e un arquitecto superior ou técnico.

Requisito, entre outros: Dispoñer de carné de conducir B1 e de vehículo propio. 

As persoas interesadas deberán remitir curriculum vitae actualizado á dirección de correo electrónico que figurará no anuncio da convocatoria (seleccion0205@gmail.com), debendo achegarse no prazo máximo de 10 días desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

No curriculum vitae detallaranse os méritos, quedando a súa xustificación e acreditación para unha fase posterior do proceso.

Na selección terase en conta os méritos alegados, sen prexuízo de que se poidan efectuar entrevistas persoais cos candidatos finais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario