1/12/15

CONCELLO DE VILAMARÍN. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 276 do 1 de decembro de 2015, o Concello de Vilamarín publica as Bases que rexerán a contratación de seis auxiliares de axuda no fogar, en réxime laboral temporal, a xornada completa.

Sistema selectivo:  concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, polo que este prazo remata o venres 4 de decembro de 2015.

O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Concello de Vilamarín
Avda. Santiago Apóstol nº5.
Teléfono: 988 28 60 00

No hay comentarios:

Publicar un comentario