23/12/15

CONCELLO DE TEO. Saneamento e abastecemento.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 245 do 23 de decembro de 2015, o Concello de Teo publica as Bases reguladoras da convocatoria para a provisión, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, de tres postos de traballo do servizo municipal de saneamento e abastecemento.

Postos a cubrir:

1 Xefatura de Instalacións e redes. Titulación exixida:  Grao ou licenciatura en Enxeñería Química, Enxeñería Civil, Enxeñería de Obras Públicas, ou equivalentes

1 Operario de redes. Non se exixe titulación.

1 Oficial electromecánico. Titulación exixida: Formación profesional básica (título profesional básico), ou certificado de profesionalidade, da familia profesional de Edificación e Obra Civil, Electricidade e electrónica, Fabricación mecánica, Instalación e mantemento, ou Enerxía e auga, ou equivalentes.

Requisito para todos os postos, ente outros: Estar en posesión do carné de conducir tipo B.

Sistema selectivo: concurso-oposicion

Prazo de presentación de solicitudes: 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña. Polo que este prazo remata o 7 de xaneiro de 2015,

No hay comentarios:

Publicar un comentario