7/12/15

CONCELLO DE A TEIXEIRA E CONCELLO DE TOÉN.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 279 do 4 de decembro de 2015 publicanse as seguintes convotarias de procesos selectivos:

Concello de A Teixiera.-  Bases de selección para a contratación dun traballador con categoría de limpador.

Prazo de presentación das solicitudes: 7 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 11 de decembro de 2015.

As bases completas están a disposición das persoas interesadas nas dependencias do Concello de A Teixeira
Estrada Ivedo-Valilongo, 19
Teléfono: 988 207 400

Concello de Toén.- Convocatoria para a selección dun posto de traballo de persoal laboral temporal de auxiliar de axuda no fogar e creación dunha bolsa de traballo para o ano 2016, expediente: 374/2015. 

Sistema de selección: concurso de méritos.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, prazo que remata o 14 de decembro 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario