14/12/15

CONCELLO DE PADERNE. Técnico Deportivo.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 238 do 14 de decembro de 2015, o Concello de Paderne publica as bases xerais e específicas para a contratación dun Técnico Deportivo en réxime laboral temporal.

Titulación exixida: Licenciatura en Educación Física ou equivalente, diplomatura en Maxisterio con especialidade en Educación Física ou equivalente, técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

Requisito, entre outros: Titulación suficiente para o exercicio de Socorrista expedido por Organismo Oficial.

Sistema de contratación: concurso de méritos; inclue entrevista curricular.

Prazo de presentación de solicitudes 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincial. Este prazo remata o sábado 19 de decembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario