2/11/15

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA. Intervención-Tesourería

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 251 do 31 de outubro de 2015, o Concello de Xinzo de Limia publica a convocatoria e bases polas que se rexe a convocatoria pública para a provisión con carácter interino do posto de Intervención-Tesourería.

Titulación exixida: Licenciatura en Empresas, Economía; licenciatura en Ciencias Actuarías e Financeiras ou equivalente.

Sistema selectivo: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o 20 de novembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario