25/11/15

CONCELLO DE SANDIÁS. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 271 do 25 de novembro de 2015, o Concello de Sandiás publica as  bases para a constitución dunha bolsa de emprego para persoas que realicen o servicio de "auxiliar de axuda no fogar ".

Titulación exixida: Formación Profesional de grado medio en atención sociosanitaria ou equivalente, ou certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas a domicilio ou equivalente.

Requisito, entre outros: Posuir permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o luns 7 de decembro de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario