21/11/15

CONCELLO DE RIBADAVIA. Aux. Axuda no Fogar

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 267 do 20 de novembro de 2015, o Concello de Ribadavia publica as Bases da convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal de posto de traballo de auxiliar de axuda no fogar.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o 10 de decembro de 2015.

As bases completas están a disposición das persoas interesadas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello en horario de oficina.

Concello de Ribadavia.
Praza Maior 1 . 32400 Ribadavia (Ourense).
Tlno.: 988477100
correo-e: concello@ribadavia.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario