18/11/15

CONCELLO DE MEAÑO. Varias prazas.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 223 do 18 de novembro de 2015, o Concello de Meaño publica a convocatoria do proceso selectivo para a contratación do persoal laboral temporal que de seguido se relaciona:

8 Coidadores de axuda no fogar-prestación básica e dependencia (tempo parcial). Titulación exixida: Graduado Escolar ou equivalente.
1 Axudante coordinación do programa de axuda no fogar (tempo parcial). Titulación exixida: Graduado Escolar ou equivalente.
1 Coidador transporte asistencial/axuda no fogar (xornada completa). Titulación exixida: Graduado Escolar ou equivalente.
1 Ordenanza Centro Social de Dena (tempo parcial). Titulación exixida: Graduado Escolar ou equivalente.
1 Auxiliar de clínica para Centro Social Polivalente – programa concilia (tempo parcial). Titulación exixida: Técnico Auxiliar de clínica ou equivalente.
1 Técnico superior en animación sociocultural Centro Social Polivalente – programa concilia (tempo parcial). Titulación exixida: Técnico Superior en Animación Sociocultural.

Sistema selectivo: concurso-oposición.

O período de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Prazo que remata o sábado 28 de novembro de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario