15/10/15

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS SANTA ÁGUEDA. Traballo Social.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 237 do 15 de outubro de 2015, a Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda publica a convocatoria para cubrir 1 praza de traballador social, en réxime laboral e con carácter temporal.

Sistema selectivo: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o martes 20 de outubro de 2015.

As bases completas están a disposición das persoas interesadas nas oficinas da Mancomunidade.

Mancomunidade de Concellos de Santa Águeda
Pena s/n
32.101 Vilamarín
Teléfono: 988 281 930

No hay comentarios:

Publicar un comentario