23/10/15

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. Operadores informática.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 205 do 23 de outubro de 2015, a Deputación Provincial de Pontevedra publica as bases da convocatoria para cubrir interinamente dúas prazas de Informático Operador.

Titulación exixida: ciclo superior ou equivalente na rama de informática.

Sistema selectivo: oposición. (Test de 30 preguntas, suposto práctico e exame de galego do que estarán exentas aquelas persoas que posua o CELGA 4)

Dereitos de exame: 25 euros.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra; polo que este prazo remata o 7 de novembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario