18/10/15

DEPUTACIÓN DE OURENSE. Varias prazas.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 239 do 17 de outubro de 2015, a Deputación Provincial de Ourense publica o seguintes procesos selectivos:

Convocatoria para a contratación laboral temporal, polo procedemento especial de urxencia, dun enxeñeiro informático.

Titulación exixida: Licenciatura ou grao en Informática.

Convocatoria para a contratación laboral temporal, polo procedemento especial de urxencia, dun xestor de administración xeral.

Titulación exixida: grao universitario ou equivalente.

Convocatoria para a contratación laboral temporal, polo procedemento especial de urxencia, dun peón agrícola para a explotación agropecuaria de Armariz.

Non se exixe titulación.

Convocatoria para a contratación laboral temporal, polo procedemento especial de urxencia, dun traballador social.

Titulación exixida: Diplomatura ou grao en Traballo Social.

Convocatoria para a contratación laboral temporal, polo procedemento especial de urxencia, dun chofer-operario do lixo de relevos para a zona de Valdeorras.

Titulación exixida: Grado en ESO ou equivalente.

Convocatoria para a contratación laboral temporal, polo procedemento especial de urxencia, de dous operarios de servizos varios para o Pazo dos Deportes "Paco Paz". 

Non se exixe titulación.

Sistema de selección: concurso de méritos

O prazo de presentación de solicitudes é de 7 días naturais a partir da publicación das convocatorias polo que neste caso o prazo remata o sábado 24 de outubro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario