13/10/15

CONCELLO DE RIBEIRA. Profesores de música.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 195 do 13 de outubro de 2015, o Concello de Ribeira publicou as seguintes convocatorias de persoal laboral temporal:


A titulación esixida será algunha das seguintes:

1) Profesor de música na especialidade de Piano e titulación superior de Composición;
2) Profesor de música na especialidade de Piano e titulación Superior de Pedagoxía;
3) Profesor de música na especialidade de Piano e titulación superior de Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento.


A titulación esixida será algunha das seguintes:

1) Título Superior de Música establecido no artigo 54 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación;
2) Título de Profesor de Música que regula o Decreto 2.618/1966, do 10 de setembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral dos Conservatorios de Música;
3) Título de Profesor ou Título Profesional de Música do Plan de Estudos que regula o Decreto do 15 de xuño de 1942.


En ambas covocatorias:

O sistema de selección é o de concurso-oposición. Deberá aboarse unha matrícula de 20,33 euros.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Polo que o dito prazo remata o sábado 24 de outubro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario