14/10/15

CONCELLO DE PONTEDEUME. Técnico Admón. Xeral.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 196 do 14 de outubro de 2015, o Concello de Pontedeume publica as bases e convocatoria do proceso selectivo para a selección de persoal funcionario interino para a cobertura da praza vacante no cadro de persoal municipal, Técnico Superior en Administración Xeral, adscrito á Area de Administración Xeral e Réxime Interior, Funcionario da escala de Administración Xeral, Grupo A.

Titulación esixida: Licenciatura en Dereito ou Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración ou titulacións equivalentes ou superiores que habiliten para o acceso a praza convocada.

Sistema de acceso: concurso-oposición. Na fase de concurso valórase a experiencia profesional e a formación.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contados dende o dia seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP; polo que o dito prazo remata o sábado 24 de outubro de 2015.

Lista de reserva: a rematar o proceso selectivo formarase unha relación das persoas, en orde descendente de puntuación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario