8/10/15

CONCELLO DE POBRA DE BROLLÓN. Auxiliar de Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 231 do 8 de outubro de 2015, o Concello de Pobra de Brollón publica as bases e a convocatoria correspondente ao proceso selectivo para a contratación laboral interina de 1 praza de auxiliar de axuda no fogar.

Titulación esixida: Formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria” ou equivalente, ou do certificado de profesionalidade de “atención sociosanitaria a persoas no domicilio” ou equivalente. 

Requisito, entre outros: Carné de conducir B/B1 e dispoñer de vehículo.

Sistema selectivo: concurso e oposición

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, este prazo remata o 28 de outubro de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario