28/10/15

CONCELLO DE NOIA. Traballador Social/Asistente Social

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 206 do 28 de outubro de 2015, o Concello de Noia publica as bases que rexerán a convocatoria e o procedemento de selección en réxime de dereito laboral temporal a xornada completa de un posto de traballo de Traballador social/Asistente Social para os servizos sociais comunitarios de base e servizo de emerxencias sociais.

Nivel de titulación mínimo esixido: Diplomaturas en Traballo Social e/ou Asistencia Social; ou Grao correspondente.

Sistema selectivo: Oposición.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais a contar dende o día seguinte a aquel en que se produza a publicación do anuncio da convocatoria e das Bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Xa que logo, este prazo remata o 17 de novembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario