9/10/15

CONCELLO DE CANGAS. Varias prazas.

O Concello de Cangas publica a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a contratación en réxime laboral temporal de:

- Un pedagogo ou psicopedagogo. Titulación esixida: licenciatura en Pedagoxía ou Psicopedagíxa ou no seu caso as titulación equivalentes en grao.

- Un fisioterapeuta. Titulación esixida: Diplomatura en Fisioterapia ou no seu caso a titulación equivalente de grao)

- Un mestre especialista en audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica ou educación especial. Titulación esixida: Mestre especialistas en Audición e Linguaxe ou Pedagoxía Terapéutica ou Educació Especial; así mesmo admitiranse as titulacións de Grao de Educación Primaria coa mención en Audición e Linguaxe ou Pedagoxía Terapéutica e Diplomatura en EXB ou mestre de primeiro ensino coa especialidade de Audición e Linguaxe ou Pedagoxía Terapéutica.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Dereitos de exame: Pedagogo ou psicopedagogo: 25,56 €; Fisioterapeuta: 17,04 € e Mestre: 17,04 €

Este anuncio foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 196 do 9 de outubro de 2015 e establece un prazo de presentación de solicitudes de 10 días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación, polo que este prazo remata o 19 de outubro de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas neste vínculo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario