19/9/15

CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO. Atención á Infancia. Corrección de erros

O pasado 24 de agosto de 2015 publicamos neste blog o anuncio do o Concello de Vilariño de Conso no que se publicaba a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal de unha persoa para o posto de atención á infancia.

Pos ben, agora foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 215 do 18 de setembro de 2015 unha corrección de erros da mencionada convocatoria.

Esta corrección de erros modifica o requisito da titulación esixida para concorrer a esta convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal de unha persoa para o posto de atención á infancia.


Por este motivo o prazo de presentación de solicitudes tamén se modifica sendo agora de 5 días naturais a partir da publicación desta corrección de erros o que supón que finalmente este prazo remata o mércores 23 de setembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario