9/9/15

CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS. Oficial 1ª e Peóns.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 207 do 9 de setembro de 2015, o Concello de O Barco de Valdeorras publica:

Bases para a creación dunha bolsa de persoal laboral categoría de peón de parques e xardíns para posibles coberturas temporais.

Titulación esixida: certificado de escolaridade ou equivalente.

Requisito, entre outros: carnet de conducir tipo B.

Sistema selectivo: concurso-oposición.


Bases e convocatoria do proceso de selección para a formación dunha bolsa de traballo para a categoría de oficial de 1ª, adscrito á Sección de Obras.

Titulación esixida: graduado en Educación Secundaria Obrigatorio ou equivalente.

Requisito, entre outros: carnet de conducir tipo B.

Sistema selectivo: concurso-oposición.
 
Prazo de presentación de solicitudes para ambos procesos: 10 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o 18 de setembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario