7/9/15

CONCELLO DE MONDOÑEDO. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 204 do 5 de setembro de 2015, o Concello de Mondoñedo publicou as bases que rexerán a selección  de persoal laboral temporal para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de Axuda no Fogar (Servicio de Axuda no Fogar para persoas dependentes e prestación básica). 

Sistema selectivo: concurso de méritos.

Requisito, entre outros: Permiso de conducir B e dispor de vehículo para desprazarse.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais dende o día seguinte ao da publicación do anuncio do presente concurso no Boletín Oficial da Provincia. Xa que logo este prazo remata o 15 de setembro de 2015.

As bases do presente procedemento poden consultarse nas Dependencias Municipais.

Concello de Mondoñedo
Praza do Concello n°1 – 27740
Teléfono: 982 524 003 
E-mail: concellomondonedo@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario