27/8/15

CONCELLO DE POIO. Técnico Superior Aplicacións Informáticas.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 165 o Concello de Poio publica a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para o nomeamento interino de Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas ou asimilado para a execución dun programa temporal.

O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial de Pontevedra.

Titulación esixida: Técnico Superior no Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede ou Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Webs.

Sistema de selección: oposición.

Dereitos de exame: 36,40 euros.

O prazo de presentación de documentación remata o luns 7 de setembro de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases da convocatoria e teléfono de contacto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario