14/8/15

CONCELLO DE O CARBALLIÑO. Traballadores Sociais e Auxiliares Administrativos.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense nún. 186 do 14 de agosto de 2015, o Concello de O Carballiño publica as seguintes convocatorias:

Proceso selectivo para a formación dunha lista para contratacións de persoal laboral temporal e nomeamento de funcionarios interinos de traballadores sociais

Titulación esixida: Diplomatura en Traballo Social ou equivalente.

Proceso selectivo para a formación dunha lista de agarda para contratacións temporais de auxiliares administrativos.

Titulación esixida: Grao en educación secundaria obrigatoria (Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación), grao en educación secundaria (Lei 1/1990, de 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo), graduado escolar ou técnico auxiliar (Lei 14/1970, de 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa) ou bacherelerato elemental (plan 1957).

Sistema de selección: concurso de méritos.

O prazo de presentación de instancias para a participación nestes procesos de selección será de 5 días hábiles, a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Xa que logo este prazo remata o 21 de agosto de 2015.


No hay comentarios:

Publicar un comentario