21/8/15

CONCELLO DE MARIN. Orientación e Prospeción Laboral

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 161 do 21 de agosto de 2015, o Concello de Marín publica as bases rectoras do proceso para a selección e contratación laboral temporal dun técnico para a realización de accións de Orientación, Prospeción Laboral e accións de sensibilización da cultura emprendedora para o progrma integrado de emprego “EMPREGAMARIN II”

Titulación esixida: Licenciatura universitaria, arquitectoura, enxeñeiría ou grao ou título universitario de enxeñeiría técnica, diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou grao.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Dereitos de exame: 18,03 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP da Provincia de Pontevedra, polo que este prazo remata o 27 de agosto de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario