26/8/15

CONCELLO DE CELANOVA. Aux. Administrativo.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 194 do 25 de agosto de 2015, o Concello de Celanova publicou a convocatoria e as bases xerais e específicas do proceso selectivo dun funcionario interino para a substitución transitoria da titular da praza de auxiliar administrativo de administración xeral para o posto de auxiliar de turismo do departamento de educación, cultura e deportes.

Titulación esixida: graduado escolar, graduado ESO, FP I, FP medio ou equivalente

Sistema selectivo: concurso-oposición. Na fase de concurso valóranse os servicios prestados e a formación académica e cursos de formación e perfeccionamento.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense; polo que este prazo remata o luns 31 de agosto de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario