4/7/15

CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO. Brigada Prevención e Defensa Incendios Forestais

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 152 do 4 de xullo de 2015, o Concello de Vilariño de Conso publica a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal de 2 xefes de brigada, 2 peóns condutores e 6 peóns forestais, para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais e a Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal de tres condutores de motobomba

Sistema de selección: concurso de méritos para os postos de xefes de  brigada, peóns condutores e peóns forestais.

Sistema de selección: concurso-oposición para os prostos de condutores de motobomba.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, polo que este prazo remata o 10 de xullo de 2015.

Concello de Vilariño de Conso

Rúa Museo 3
Tfno: 988340302 / 988340410
Fax: 988340269
Correo-e: concello@vilarinodeconso.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario