7/7/15

CONCELLO DE PONTEDEUME. Peón e Limpador.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 125 do 6 de xullo de 2015, o Concello de Pontedeume publica o anuncio das bases  para a elaboración de listas para a selección de persoal laboral temporal non permanente no concello de Pontedeume

Os postos de traballo para os que rexerán as presentes bases son os seguintes: Peón e Limpador.

Titulación esixida: Graduado Escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Sistema selectivo: concurso-oposición. Na fase de concurso valorarase os datos e circunstancias persoais, os méritos académicos e a experiencia.

Prazo de presentación de solicitudes:  10 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Boletin Oficial da Provincia, o que supón que este prazo remata o 16 de xullo de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario