3/7/15

CONCELLO DE O VICEDO. Educadores Infantis.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 151 do 3 de xullo de 2015, o Concello de Vicedo publica o seguinte anuncio:

Por Resolución da Alcaldía de 24/06/15 prestouse aprobación ás bases para a selección, mediante concurso oposición, de dous Educadores Infantís, a xornada completa, con adscrición ó servizo municipal de Proximidade para a Atención á Infancia (PAI) do Concello do Vicedo, como persoal laboral temporal.

O prazo para presentación de solicitudes remata transcorridos 10 días naturais dende a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia. Polo que este prazo remata o luns 13 de xullo de 2015.


Todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo poderán retirar copia das bases no rexistro xeral do Concello do Vicedo.
Rúa Travesía da Mariña, 57
Teléfonos: 982 59 00 29 / 982 59 00 01
Fax: 982 59 00 01
Correo-e: concello@concellodovicedo.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario