26/6/15

CONCELLO DE PONTEDEUME. Administrativo e persoal de Salvamento.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 119 do 26 de xuño de 2015, o Concello de Pontedeume publica as seguintes convocatorias de procesos selectivos:

Bases que rexerán a convocatoria para a selección dun administrativo na área de urbanismo, nomeamento de funcionario interino ata a cobertura da praza por medio de funcionario de carreira.

Titulación esixida: Bacharelato superior, Formación Profesional de 2º grao ou titulacións equivalentes.

Sistema de selección: concurso-oposición. Na fase de concurso valorase a experiencia como empregado público e a formación.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais, contados dende o dia seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP, por tanto este prazo remata o mércores 1 de xullo de 2015.

Bases da convocatoria para a contratación de tres traballadores, persoal laboral temporal, para a realización de traballos de salvamento e socorrismo nas praias do Concello

Requisito, entre outros: Inscrición no correspondente Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Sistema de selección: concurso-oposición. Na fase de concurso valorase a experiencia profesional, os cursos relacionados coas funcións e o coñecemento do idioma galego.

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP. Neste caso o prazo remata o 3 de xullo de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario