16/6/15

CONCELLO DE OS BLANCOS. Brigada contra incendios

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 136 do 16 de xuño de 2015, o Concello de Os Blancos publica as Bases específicas para a selección e posterior contratación de cinco traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios.

Denominación dos postos: un xefe de brigada, un peón-condutor con carné B e tres peóns de brigada.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP. Polo tanto este prazo remata o 22 de xuño de 2015.

Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Os Blancos.

José Luis Baltar, 19 - 32634
Teléfono: 988 467 567
Fax: 988 467 689
correo-e: concello.osblancos@eidolocal.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario