11/6/15

CONCELLO DE A GUARDA. Información Turística

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 108 do 9 de xuño de 2015, o Concello de A Guarda publica as bases para a contratación laboral temporal dunha praza de persoal para a Oficina de Información Turística.

Sistemas de acceso: oposición; que consistirá nun exame tipo text de 40 preguntas relacionadas co temario.

Titulación esixida: Técnico superior de información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información ou asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; ou grao ou diplomatura de turismo ou equivalente homologado.

Requisito, entre outros: Estar en situación de desemprego.

O prazo para a presentación de instancias será de 10 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, por tanto este prazo remata o 20 de xuño de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario