10/6/15

CONCELLO DE FENE. Brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 107 do 9 de xuño de 2015, o Concello de Fene publicou a convocatoria do proceso selectivo de persoal laboral temporal para a brigada de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais

Postos que se contratarán:

- Un xefe de brigada.
- Un peón de brigada – condutor.
- Dous peóns de brigada.

Titulación esixida para o Xefe de Brigada: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Polo que este prazo remata o luns 15 de xuño de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario