4/6/15

CONCELLO DE CANGAS. Socorritas e Patróns.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 104 do 3 de xuño de 2015, o Concello de Cangas publicou o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a contratación en réxime laboral temporal de 3 patróns e 15 socorristas para o servizo de salvamento en praias da tempada de verán de 2015.

Titulación esixida: Graduado Escolar, FP1 ou equivalente.

Para as prazas de Patróns, cómpre estar en posesión do título de patrón de navegación básica PNB ou superior.

Para as prazas de Socorristas deberase cumprir co disposto no Decreto104/2012,do16demarzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Sistema de selección: oposición.

Dereitos de exame: 8,52 euros.

O período de presentación de instancias será de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao do publicación do presente anuncio, polo tanto este prazo remata o 15 de xuño de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas e modelo de solicitude.

No hay comentarios:

Publicar un comentario