12/6/15

CONCELLO DE A BOLA. Brigada Incendios Forestais.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 132 do 11 de xuño de 2015, o Concello de A Bola publica as bases para a selección e posterior contratación de cinco persoas para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios.

Postos que se contratan: Un Xefe de Brigada; un Peón-Conductor de Brigada e tres Peóns de Brigada.

Prazo de presenación de solicitudes: 5 días naturais a partir do seguinte da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o martes 16 de xuño de 2015.

As persoas interesadas teñen a súa disposición as bases completas no Concello de A Bola

Campo de Veiga, 4 - 32812 A Bola 
Teléfono: 988 451 293
Fax: 988 451 100
correo-e: concello@concelloabola.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario