17/6/15

CONCELLO DE BANDE. Brigada Incendios e Bolsa de Emprego

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 136 do 16 de xuño de 2015, o Concello de Bande publica as seguintes convocatorias:

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais composta por 2 xefes de brigada, 2 peóns-condutores, 6 peóns).

Sistema de selección: concurso de méritos.

Titulación esixida para os xefes de brigada: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos, Técnico en Traballos Forestais e Conservación do Medio Rural ou Formación Profesional Equivalente.

Requisito, entre outros: Posuir o carné de conducir clase B. Este requisito tamén é necesario para as prazas de peón conductor.


Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 26 de xuño de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.


Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal no Concello de Bande

Prazas: 6 auxiliares de axuda no fogar, 1 auxiliar administrativo para servizos de carácter xeral, 1 limpador de dependencias municipais, 1 monitor deportivo e 1 peón de oficios varios.

O procedemento de selección será o de concurso e constará das seguintes fases:  Valoración de méritos; entrevista curricular e proba de galego

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días naturais seguintes ao da publicación do presente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Neste caso o prazo remata o 23 de xuño de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario