27/6/15

CONCELLO DE ALLARIZ. Peóns e Técnicos de MedioAmbiente.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 145 do 26 de xuño de 2015, o Concello de Allariz publica a convocatoria para a contratación laboral temporal de 7 postos de peóns de medioambiente e a convocatoria para a contratación laboral temporal de 2 postos de técnicos ambientais.

No caso dos 7 postos de peón 3 serán a xornada completa e 4 a xornada parcial.

Titulación esixida para os postos de técninso ambientais:  Enxeñeiria Técnica Agrícola ou Forestal, Enxeñeiría Agrónoma ou de Montes, licenciatura ou grao en Ciencias Medioambientais ou en Bioloxía.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o 1 de xullo de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario