9/5/15

DEPUTACIÓN DE LUGO. Dinamización Empresarial

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 104 do 9 de maio de 2015, a Deputación Provincial de Lugo publica as Bases polas que se establecen as normas para a seleción de 6 Axentes de Titoría e Dinamización Empresarial e 6 Axudantes de Axentes de Actividades de Titoría e Dinamización Empresarial para prestar servizos con carácter temporal como Funcionario Interino.

Titulación esixida para as prazas de Axentes: Diplomatura Universitaria ou equivalente.

Titulación esixida para as prazas de Axudantes de Axentes: Graduado en ESO ou equivalente.

Taxa de participación: 15 euros. No caso de persoas desempregadas 3,75 euros.

Sistema de selección: concurso-oposición. (Inclue entrevista)

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais, a contar dende o día seguinte ao publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia, xa que logo este prazo remata o 18 de maio de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario