25/5/15

CONCELLO DE SADA. Educación Social e Auxiliar Admón.

O Concello de Sada publicou no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 96 do 25 de maio de 2015 as seguintes convocatorias de procesos selectivos:


Titulación esixida: Diplomatura universitaria en educación social, do título de grao en educación social ou da habilitación vixente para o exercicio profesional da educación social concedida polo Colexio profesional de Educadores Sociais de Galicia.

Taxas: 20 euros.

Sistema de selección: concurso de méritos. (Experiencia profesional, formación e coñecemento da lingua galega).


Titulación esixida: graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalentes.

Taxas: 10 euros.
 
Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes de ambas convocatorias: 8 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O dito prazo remata o 3 de xuño de 2015.

Publicada corrección de erros das bases da convocatoria proceso selectivo provisión interina 1 praza auxiliar Admón. Xeral

No hay comentarios:

Publicar un comentario