15/5/15

CONCELLO DE PORTOMARIN. Servicio Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 108 do 14 de maio de 2015, o Concello de Portomarín publica a convocatoria e as bases polas que se establecen as normas para a selección de persoal laboral temporal de dúas persoas para o postos de traballo apoio ao servizo de axuda no fogar.

Titulación esixida: Certificado de profesionalidade ou formación Profesional reglada.

Sistema de selección: concurso-oposición (Na fase de concurso valorase a experiencia profesional; os cursos, estudos, xornadas e seminarios; estar en posesión do carné B e de vehículo propio e entrevista curricular.

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Por tanto este prazo remata o xoves 21 de maio de 2015.

As persoas interesadas poden descargarse as bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario