16/5/15

CONCELLO DE POL. Auxiliar de Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 108 do 14 de maio de 2015, o Concello de Pol publica a convocatoria para selección de persoal para o establecemento dunha bolsa de emprego para o posto de auxiliar de axuda no fogar, mediante contratación laboral temporal.

Titulación esixida: Formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.

Requisito, entre outros: Carne de conducir B1 e dispoñer dun vehículo para poder desprazarse dentro do termo municipal.

Sistema de selección: concurso de méritos

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases coa convocatoria deste procedemento no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Polo que este prazo remata o 22 de maio de 2015.


No hay comentarios:

Publicar un comentario