27/5/15

CONCELLO DE PADRÓN. Técnico de Turismo.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 98 do 27 de maio de 2015, o Concello de Padrón publica o anuncio da convocatoria do procedemento selectivo para a provisión temporal dun posto de traballo de técnico de turismo.

Titulación esixida: Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente homologado; técnico superior en Información e Comercialización Turística; técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou grao ou diplomatura en turismo ou titulación equivalente.
Sistema de acceso: concurso.

Taxa: 15,44 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais a partir da publicación do anuncio no  BOP, polo que este prazo remata o sábado 6 de xuño de 2015.

As persoas interesadas poden acceder aos modelos de solicitudes e bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario