11/4/15

DEPUTACIÓN DE OURENSE. Chofer-operario

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 81 do 11 de abril de 2015, a Deputación Provincial de Ourense publica varios procedementos urxentes para a contratación laboral temporal dos seguintes postos de traballo:

Un chofer-operario do lixo de relevos para a zona de Valdeorras.
Tres choferes-operarios de recollida selectiva (envases lixeiros, papel-cartón e vidro).
Un chofer-operario do lixo de relevos para a zona da Limia.
Un chofer-operario do lixo de relevos para a zona da Baixa Limia.
Dous choferes-operarios do lixo de relevos para a zona do Carballiño.
Un chofer-operario do lixo de relevos para a zona do Carballiño.
Un chofer-operario do lixo de relevos para a zona de Santa Águeda (Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín).
Un operario de recollida do lixo para a zona do Ribeiro.
Un chofer para a brigada da zona do Barco de Valdeorras.
Un operario de recollida do lixo para lavacontedores.

Sistema de contratacion: concurso de méritos.

Prazo de presentanción de solicitudes: 5 dias naturais a partir do seguinte da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o xoves 16 de abril de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario