12/4/15

CONCELLOS DE FOLGOSO DO COUREL E DE BARALLA. Aux. Axuda no Fogar.

O Concello de Baralla publicou no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 80 do 10 de abril un anuncio no que se aproban as bases que rexerán a creación dunha Bolsa de Emprego para postos de traballo eventual de auxiliar de axuda no fogar

Requisitos, entre outros: Ser demandante de emprego, ter carné de conducir clase B1 e dispoñibilidade de vehículo.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

O prazo para presentar as solicitudes é de 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Polo tanto este prazo remata o 20 de abril de 2015.


O Concello de Folgoso do Courel publicou no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 81 do 11 de abril de 2015 as bases para selección e contratación temporal de unha auxiliar de axuda no fogar

As bases completas están expostas no taboleiro de a nuncios do Concello de Folgoso do Courel

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio. O que supón que o prazo remata o venres 17 de abril de 2015.

Concello do Folgoso do Courel
Pza. Manuel Fraga Iribarne, s/n - 27325
Teléfono: 982 433 001
Fax: 982 433 052
correo-e: concellofolgosodocourel@yahoo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario